Esta última semana de
campaña foi intensa para a nosa formación.
O luns os tres primeiros da
candidatura, André Abeledo, Sonia Mauriz e Xesus Anxo López Pintos presentaban
o nosos programa. Un programa para un Narón de futuro, xusto socialmente ,
accesible, feminista, libre da lacra da droga…onde sexa posible unha vida digna
e as familias afinquen tanto no caso urbán como na zoa rural.
Apostamos por medidas urxentes de creación dun
Parque de Alugueiro de Vivenda Social , creación do Padroado de Deportes, implementación dun Pacto Social contra a
Violencia Machista, mellora do transporte público, estudo das posibles
remunicipalizacións de servizos públicos e encarar con valentía a loita
contra droga no noso concello.
Esa mesma tarde do luns recibimos un video
de apoio á nosa candidatura de Xose
Manuel Beiras. Apoio que recibimos con agarimo, orgullo e unha grande
responsabilidade. Agardamos estar a altura dos azos de quen máis loitou pola
unidade popular como solución óptima para unha sociedade en crise económica e
social, para formar país dende abaixo cara arriba.
O martes o noso candidato André Abeledo acudía ao
debate de alcaldables das formacións concorrentes as municipais en Narón na SER.
Fixo fincapé na acción fiscalizadora do concello , na transparenza do público e
amososuse satisfeito coa sú alabor na oposición activa e proactiva na que
tentou nestos catro anos chegar a acordos beneficiosos para a veciñanaza.
A mesma tarde do martes acudimos a Pedroso a apoiar as
familias para que a Xunta non peche as escolas por razón de ratio. Entendemos
que a educación que se ofrece nas escolas rurais non debe desaparecer, polo moito
que aporta as crianzas de contacto coa natureza e actividades agrícolas. Por
outra banda garantir unha escola preto da casa facilita que as familias
afinquen no rural, os avós poden encargarse de ir buscar os nenos facilitando a
conciliación e a crianza en apego, e aforrase en transporte e comedores. Cando
unha escola rural pecha non volta a abrir, non o permitamos.
O mercores celebramos unas Conversas Abertas cos
candidatos na Tienda de la Esquina , foi ben interesante
falar coa veciñanza sobre as súa inquedanzas sobre o noso programa e ideas para
Narón. Aseguramoslles que non prometemos nada que non poidamos facer,
tentaremos traballar en todos os eidos que lles preocupan tendo en conta as
limitacións das competencias dun concello. Reafirmamonos en que como mellor se
sabe da rúa e os veciños é baixar á rúa, o noso medio natural.
O xoves 23 á mañá, acudíamos a rexistrar unha “Proposta de acordo sobre política de vivenda” no concello de Narón
acompañados do deputado e voceiro nacional de Anova , Antón Sánchez .
Entendemos, como asi recolle a Constitución que o acceso a vivenda é un dereito
fundamental do cidadán, por elo ante a precariedade do emprego e a especulación
inmobiliaria o concello ten que tomar cartas noa asunto e facer o posible para
garantir este dereito no noso municipio.
Ademáis como amigo e
compañeiro Antón sanchez enviounos un video de azos e apoio que agradecemos e
agardamos non defraudar as expectativas dun loitador no Parlamento Galego polos
dereitos de todos e todas.
O xoves 23, decidimos adiar o noso acto de peche de
campaña para poder acompañar aos traballadores de Poligal na súa mobilización.
En Narón por Diante somos traballadores, entendemos que o noso sitio é sempre
con eles, se están na rúa nós con eles. Non permitiresmo que a especulación
empresarial deslocalice empresasa que dan beneficios cara a países máis
empobrecidos deixandoa traballadores na rúa ou enviándoos a outros países. Baleirando de emprego e despoboando a
comarca.
Á noitiña do xoves a deputada Yolanda Díaz pasou pola
nosa sede para amosarnos o seu apoio e azos, transmitiunos toda a forza que ela
mesma adoita amosar no Congreso dos deputados. Obrigados.
Hoxe día 24 celebramos acto de peche no Local Social
da Gándara as 20.30 h e logo pegada final. Non estamos cansos, a ilusión e a forza
permanecen intactos.
Abrimos as portas ao futuro, a ilusión , ao emprego, á
equidade…á xustiza social!








Comentarios
Publicar un comentario