![]() |
| Os traballadores na rúa. Amador e Daniel |
Amador e Daniel asesiñados, mártires da clase obreira. En Ferrolterra non se esquece.
Aquel dez de Marzo durante varias horas Ferrol quedou en mans dos folguistas. O goberno respostou cortando as comunicacións ata que logrou concentrar os efectivos necesarios para ocupar a cidade.
O sete de febreiro de 1972 asinase en Madrid, por parte do Sindicato Vertical un convenio interprovincial dos diferentes asteleiros do país.
O oito de febreiro celébrase en Ferrol unha asamblea de traballadores que se manifesta en contra da sinatura.Convocase ademáis unha nova asamblea para o nove de marzo.A resposta ds patronal é o despido de seis obreiros.
Perante o acontecido os traballadores deciden parar a producción e concentrarse dentro do asteleiro ata que os seus compañeiros foran readmitidos. En torno as tres da tarde a empresa ameaza co desaloxo policial. Dúas horas máis tarde a policía entra na factoría e desaloxa pola fuerza co resultado de máis de vinte feridos.
Os choques entre os obreiros e la policía trasladanse á rús e durante á noite escoitanse os primeiros disparos dos corpos de represión franquista.
Ás 7:30 da mañán do dez de marzo os traballadores concentranse perante as portas pechadas do asteleiro de BAZAN, uns 4.000 obreros que deciden dirixirse cara a ASTANO ,en Fene ,para unirse aos seus compañeiros de loita.
Pero ao chegar ao cruce de As Pías atópanse coa emboscada dos “grises” que disparan sobre os traballadores.
Nese momento e nese lugar foron asesinados Amador e Daniel, os seus nomes quedan dende entón gravados a sangue e lume, Amador Rey Rodríguez e Daniel Niebla García.
Tamén sábese de máis de 40 feridos, moitos dos cales non acudiron ao hospital por temor a ser detidos.
Nos días posteriores a solidaridade obreira extendeuse por toda a comarca e por toda Galicia, parando outras fábricas e respostando a veciñanza cun forte apoio aos familiares dos represaliados.
O balance da loita brutal: 2 traballadores asesiñados, 16 feridos de bala, decenas de feridos por outras causas, 160 despedidos, 60 encarcerados e 50 multados con cifras que iban dende as 50.000 pesetas as 250.000, cantidades colosales en aqueles tempos.
A represión dura e vingativa, produxeronse numerosas detencións de sindicalistas, militantes comunistas e activistas de distinto sino. Aínda asi non pararon as mobilizacións de protesta e solidaridadr por Galicia, Estado Español e a nivel internacional.
Moitos dos detidos por ser clase obreira organizada foron encarcerados na prisión militar de Caranza e ,posteriormente , xulgados en Consello de Guerra e condeados a varios anos de prisión. Outros foron sancionados con multas e 23 deles procesados polo Tribunal de Orden Público (TOP), no coñecido como "Proceso dos 23 de Ferrol", que derivou en condeas entre un e catro anos.
Os asesinatos e a violencia policial nos sucesos de Ferrol non derivaron en responsabilidade algunha, nini para os autores materiais nin para os responsables políticos e policiais.
O mellor xeito de rendir homenaxe aos camaradas Amador e Daniel e a todos os represaliados ds dictadura franquista é seguir loitando. Honor, xustiza e reparación para Amador e Daniel, que eran obreiros e fillos do pobo.
As diversas reformas laborais, perpetradas tanto polo PP como polo PSOE, roubaron á clase obreira dereitos ganados con sangue, sudor e bágoas.
É importante e preciso lembrar cómo se gañaron, en loitas como a do 10 de marzo de 1972, os dereitos que nos roubaron e nos seguen a roubar. As conquistas da clase obreira son froito da loita.
Por ese motivo o 10 de Marzo debe ser ante todo unha xornada de loita d@s trabajador@s para honrar a memoria dos que o deron todo,ata a vida por defender a dignidade da clase obreira.
| Monumento homenaxe Dez de Marzo nas Pías ,onde morreron Amador e Daniel. |
André Abeledo Fernández, (Candidato a la Alcaldía de NARÓN POR DIANTE)



Comentarios
Publicar un comentario