Antón Sanchéz e André Abeledo propoñen para Narón un parque público municipal de vivenda con aluguer social.
O voceiro nacional de Anova,
Antón Sánchez e o cabeza de lista de Narón por Diante, André Abeledo,
compareceron onte en Narón para explicar propostas en materia de vivienda.
Lembraron o
dereito da poboación a ter acceso a unha vivenda digna, un problema agravado
nos anos da crise e que se trasladou ao eido do alugueiro con enormes
dificuldades para poder acceder a presos asequíbeis e normais.
“A vivenda
continúa a ser obxecto de especulación e de investimentos, de tráfico económico
e non un dereito da xente”, afirmou Antón Sánchez, quen lembrou que o estado
“rescatou aos bancos con miles de millóns de euros mais non se ocupou de crear
un parque público de vivendas en aluguer a prezos sociais mediante a Sareb”.
A nulidade de Feijoó para garantir o
dereito á vivenda
Neste
sentido, salientaron que Narón tamén é un exemplo de todo esto. Puxeron sobre a
mesa a necesidade de crear un Parque público de vivenda de alugueiro ao xeito
do que existe noutros países europeos. Ademáis, apuntaron cara o grande volumen
de vivendas baleiras existente que habería que xestionar.
Nesa liña, Antón
Sánchez reprochou á Feijoó que “a pesar dos seus anuncios e da súa propaganda
non adoptou ningunha medida para liberar vivenda baleira”.
Sánchez e
Abeledo explicaron que nun contexto de “consolidación dun modelo de traballo
precario, salarios baixos, e desigualdade, con mocedade que non pode ter un
plan de futuro. Non poden plantexarse mercar unha vivenda e trasladáronse ao
eido do alugueiro onde a especulación e o aumento dos prezos é co que se
atopan”.
Sinalaron que medrou exponencialmente a demanda de vivenda de
alugueiro, especialmente nas áreas urbáns como é o caso de Narón. “Aquí
tampoco se artellou unha política de vivenda centrada nas necesidades da xente”.
Parar os abusos e a especulación coa
vivenda
Enfatizaron
o papel que os concellos poden xogar nesta importante materia mediante a
creación un Parque Público municipal de vivenda en alugueiro social, con prezos
sociais, a implantación dunha política fiscal que desincentive a especulación e
impulse a función social da vivenda. Demandaron medidas para rematar coa
especulación de vivendas baleiras.
Puxeron de
manifesto que nos últimos anos as zonas urbáns de Galiza tiveron aumentos
anuais de máis do 10% no alugueiro.
O candidato
á alcaldía de Narón, André Abeledo, propuxo que no concello de Narón se fixe
como reto prioritario o estabelecemento dun Parque público de vivenda en
alugueiro.
Asemade, explicaron a necesidades de peder ao Goberno do estado a
cesión de vivendas en propiedade da Sareb para que poidan ser inxeridas nesta
iniciativa. Unha proposta que debe ser dotada de suficiente orzamento e liñas
de axuda destinadas aos sectores sociais máis desfavorecidos, familias
monoparentias e a mocidade.
Igualmente, consideran relevante que se implanten
recargos no IBI á vivenda baleira sobre os grandes posuidores a fin de rematar
coa política especulativa. Consideran tamén que se debe modificar a Lei de
Arrendamentos Urbanos para estipular un límite ao incrementos dos prezos de
alugueiro entre contrato e contrato.
Defenden
que a Xunta teña un papel máis activo en materia de vivenda e por exemplo
desenvolva, en coordinación cos concellos, un programa de prevención de
desafiuzamentos e haxa alternativas de realoxo.


Comentarios
Publicar un comentario