André Abeledo acompañado de Antón Sánchez, voceiro nacional de Anova rexistrou unha Proposta de acordó sobre política de vivenda en Narón
Antón Sánchez e André Abeledo
explican que 10 anos despois do comezo da crise o problema de acceso á
vivenda segue en Galiza.
O dereito recollido na Constitución a
desfrutar dunha vivenda digna segue a estar tan lonxe coma nos peores anos da
crise, cando miles de persoas eran expulsadas das súas casas por execucións
hipotecarias.
Malía que baixan os lanzamentos por
execucións hipotecarias suben os
derivados de impagos de alugueres.
Os desafiuzamentos e a exclusión do
dereito ao acceso á vivenda de miles de persoas é algo estrutural e non
coiuntural como nos pretenderon vender os gobernos durante estes anos.
É consecuencia de dous vectores. Un o
modelo laboral do desemprego, da precariedade, da inestabilidade laboral, dos
salarios de miseria, que da lugar ás “pobrezas” sectoriais, denominación que buscan
maquillar unha pobreza real, que son a pobreza, enerxética, alimentaria, ou a
da exclusión do dereito á vivenda.
Outro vector é a política de vivenda,
que no fundamental nada ten mudado nestes anos nos que supostamente os gobernos
se preocuparon de atallar o drama da xente sen casa e das casas sen xente. Nada
máis lonxe da realidade.
A vivenda segue a ser concibido como un
ben de inversión, e non como un dereito.
O Estado español rescatou con miles de
millóns, xa renunciou a recuperar 40.000 millóns dese rescate, aos bancos e
mercoulles os “activos tóxicos” para sanear os seus balances, atopándose cunha
boa oportunidade, nun momento en que miles de persoas estaban a quedar
literalmente na rúa, de facer coas
vivendas propiedade da SAREB un parque público de aluguer a prezos sociais, e
non se fixo.
Narón é unha cidade que sufriu tamén as
consecuencias do modelo da burbulla inmobiliaria e do seu estoupido.
Os desafiuzamentos ou os problemas da
xente para poder pagar a vivenda conviviron con promocións baleiras propiedade
de grandes posuidores.
Nin unha medida de cambio de modelo a
pesar da dramática experiencia destes anos. Só medidas de maquillaxe como
reacción a un posible desgaste electoral, e pouco máis.
Ao contrario, a Lei de Arrendamentos
Urbanos rebaixou o período mínimo de aluguer de 5 a 3 anos, restando
estabilidade aos inquilinos, sen introducir nin unha soa liña para a regulación
dos prezos, duración de 5 anos recentemente restaurada vía RDL, medida positiva
pero insuficiente para dar estabilidade ao arrendatario.
O Partido Popular e o PSOE incluso
negáronse durante 15 anos a cumprir cun mandato lexislativo, para desenvolver
regulamentariamente o concepto de vivenda baleira, paso indispensable para que
os Concellos que así o desexen poidan aplicar recárgos a esas vivendas que non
se poñen a disposición da xente, en cumprimento do aprobado na Lei 2/2004
Reguladora de Facendas Locais.
Para as entidades financeiras ter un
piso baleiro segue a ser tan barato coma antes da crise.
Un dos elementos reguladores do mercado
e indispensables para unha política que defenda por ria de todo o dereito á
vivenda é a creación dun Parque público de vivenda de aluguer cunha dimensión
axeitada.
Na maioría dos países europeos supera o
10 % do parque de vivendas, en Galiza e no Estado español non chega nin ao 1%.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo
conta na actualidade cunhas 3500 vivendas sobre un total de 1.600.000 vivendas
que hai en Galiza, sendo a todas luces insuficiente, aínda máis si temos en
conta que unha mala xestión nos procesos de adxudicación fai que haxa vivendas
baleiras.
A pesar de anunciar con moita
espectacularidade medidas que conducirían a liberar vivenda baleira para
poñelas a disposición da xente, a Xunta de Galicia nos últimos 9 anos non
incrementou ese parque, e non foi por falla de oportunidades, nun contexto onde
se podía facer por varias vías; incorporación das vivendas da SAREB, de
vivendas baleiras que se adquirisen, construción de vivenda nova, etc.
E con esta situación chega a chamada
recuperación, que ven a consolidar o modelo da desigualdade, da perda de
dereitos laborais, da precariedade e da miseria salarial.
Hai aproximadamente 300.000
traballadores e traballadoras que perciben menos do salario mínimo interprofesional. Moitos deles mozos,
que encadean traballos precarios e temporai e , polo tanto, a diferencia de hai
10 anos, non poden acceder a unha hipoteca, e optan maioritariamente polo
aluguer.
En 2008 o 41% dos mozos que desfrutaban
dunha vivenda o facían baixo a fórmula de aluguer. No 2016 xa o fai o 71%.
Isto non tería porque ser malo si
houbese un mercado de aluguer público e privado que dotase de estabilidade e
seguridade a estes mozos, cousa que non existe.
Aumenta a demanda de aluguer, sobre todo
nas áreas urbanas, e como non hai ningunha medida que regule prezos, e hai
medidas que favorecen a expulsión dos arrendatarios, suben os prezos, como o
fixeron en 2017 e 2018 onde medraron nalgunhas cidades de Galiza por riba do
10%.
Incluso, neste contexto, as axudas ao
aluguer contribúen a esta subida, ao carecer de elementos que limiten os prezos
do mercado libre.
Os desafiuzamentos por impago de
alugueres sube, si non se quere remediar, seguirá subindo.
En Narón tampouco se artellou unha
política de vivenda que atendese as necesidades de toda a sociedade
desatendendo unha das cuestións prioritarias para clase traballadora.
Reivindicamos o papel central que deben
de xogar os concellos, a administración máis cercana, na política de vivenda, a
través da creación dun parque público municipal de vivenda en alugueiro social,
da implantación dunha política fiscal que desincentive a especulación e
incentive a función social da vivenda.
Dita política fiscal deberá de contar
cos novos instrumentos que permite o RDL sobre medidas urxentes en materia de
vivenda recentemente aprobado polo Estado, como é por exemplo o recargo no
Imposto de Bens Inmobles á vivenda baleira dos grandes posuidores.
Ter a vivenda baleira para
especular non pode saír gratis.
Paralelamente estableceranse
bonificacións en función da renda.
É preciso que Narón priorice a creación
dun parque público de vivenda en alugueiro con prezos sociais para dar solución
a aqueles colectivos con especiais dificultades económicas pero tamén que serva
como elemento regulador do mercado da vivenda evitando a suba espectacular dos
últimos anos nos prezos dos alugueiros, onde nas zonas urbanas de Galiza
tiveron incrementos anuais de máis do 10 %.
O dereito a unha vivenda digna non está
garantido neste país, e por elo compre mudar as políticas que nos trouxeron ata
aquí.
A Moción solicita os seguintes acorgos
ao Pleno do Concello, e pretende ser o primeiro paso para a creación dese
parque de vivenda social que Narón tanto precisa.
- O Concello de Narón fixa como un obxetivo prioritario a implementación de
políticas que incrementen sustancialmente o parque público de vivenda en
aluguer, cunha intervención pública coordinada para a xeración suficiente de
vivenda de promoción pública en alugueiro e desenvolver as posibilidades de
incorporar ao patrimonio público de edificios e vivendas xa construídas de
titularidade privada.
- Demande do Goberno do Estado a cesión das vivendas propiedade da SAREB en
Galiza, para que se incorporen a dito Parque público de aluguer mediante o
oportuno convenio.
-A establecer os correspondentes orzamentos para as políticas de acceso á
vivenda e liñas de axudas ás persoas economicamente máis vulnerables
priorizando a xente moza, unidades familiares con baixos ingresos económicos e
familias monoparentais con nenos a cargo.
-A implantar recargos no IBI á vivenda baleira sobre os grandes posuidores
unha vez que entre en vigor o conceito de vivenda baleira definido pola Xunta
de Galicia ou o Goberno do Estado como se determina no Real Decreto-ley 7/2019,
de 1 de marzo, de medidas urxentes en materia de vivenda e aluguer.
-Demande do Goberno español a iniciativa lexislativa para a modificación da
Lei de Arrendamentos Urbanos que mellore a estabilidade dos contratos, limite o
incremento dos prezos entre contrato e contrato, e limite as fianzas.
- Desenvolvemento, en coordinación coa Xunta de Galicia dun programa para
prevención dos desafiuzamentos que sexa eficaz, que incremente a coordinación e
conexión co sector do traballo social e, en última instancia que garanta o
realoxo.


Comentarios
Publicar un comentario