Xuntanza coa AAVV do Val - Irmandiños

   O pasado mércores xuntámonos coa AAVV de O Val.


    Entendenos como un punto primordial dos tratados, o referido ao campo de golf Campomar en materia de seguridade.

     A AAVV de O Val rexistrou unha queixa no Concello hai un par de semanas por este feito. Referímonos a choiva de pelotas de golf que teñen literalmente bombardeada unha casa veciña, e tamén ao colexio, có perigo que isto supón para as crianzas e a veciñanza que vive ou pasea polas inmediacións do campo de golf. A policía local recolleu tamén un informe sobre estes feitos.

Dende Narón por Diante  esiximos que sexa garantida a seguridade como prioridade absoluta.  

     Outro punto a tratar que é unhaqqueixa comun as AVV de Narón  é da que facemonos eco é a necesidade dun transporte público que de un servizo real, e que atenda as necesidades da veciñanza en materia de mobilidade. No Val  suliñan o caso do transporte escolar e informannos de que os seus fillos teñen que estudar en Ferrol levados polos pais cando asisten ao traballo.

Por outra banda, a nosa cidade conta con apeadeiros pero non con trens suficientes, nin con un transporte público que comuniquen eses apeadeiros cos diferentes destinos. No rural o transporte público é moito máis deficitario.

Por suposto defendemos que a mobilidade debe ser entendida como un dereito.  

No eido da educación sinalouse tamén a escasa oferta de ciclos educativos en Narón, que obriga aos estudantes a desprazarse fora de Narón para poder formarse unha vez rematada a ensinanza obrigatoria. Convértese a falta de oferta educativa e de transporte na pescadilla que se come a cola.

 Outra demanda na que  teñen demanda clara e traballada é que O Val só ten un parque infantil, algo claramente insuficiente e ademáis non adaptado  a toda as realidades funcionais.

Remarcamos a necesidade dun parque adaptado para persoas con mobilidade reducida, algo que  debe ser visto como unha necesidade e como un dereito.


Parques seguros e modernos con peches eficientes e chans brandos , e xogos adaptados a idades e funcionalidade.

Falamos  da necesidade dun acceso a internet de calidade e a unha velocidade do século XXI, cun prezo axustado ao servizo prestado. Queremos un Concello con zonas abertas e Wifii público de balde para poder estudar, traballar, etc...nunha cidade moderna que avanza.

  En canto a oferta deportiva, de ocio, e incluso terapéutica, Narón precisa dunha nova piscina.

A piscina de A Gándara quedouse pequena e as listas de espera son interminables, obrigando a nosa veciñanza a buscar praza noutros Concellos.

En materia de seguridade denuncianse que a carreteira dende a Concha ata o Polígono del Río del Pozo non dispón de beirarrúas sendo un perigo para os viandantes a devandita carreteira depende da Deputación pero sería cousa do concello presionar para solucionalo, dende logo nos denunciamos a situación. No que compete á veciñanza esta amósase disposta a ceder o terreo se é preciso para que o proxecto saia adiante.

No mesmo tema de seguridade das  carreteiras infórmannos do deplorable   estado da carreteira de Baltar dependente da Xunta de Galicia.

Insistimos en que as administracións deben cumprir as súas obrigas. E de non facelo, dende o Concello temos a obriga de esixir a ditas administracións que cumpran, e poñernos ao carón da veciñanza para esixir conxuntamente as solucións.

Saímos da xuntanza con moita información para inxerir no noso programa e admirados, unha vez máis  do traballo das AAVV e da moita autorresponsabilidade da veciñanza.




Comentarios