Nunhasemana ateigada de actividade tamén nos reunimos coa Agrupación de veciños Altea.
Como nos imos atopando nas diversas xuntanzas coas AVV tiñan os deberes feitos e moi craras as súas demandas para un Narón mellor.
Fixéronnos as seguintes achegas das que por suposto facémonos altofalante e daremos o noso apoio:
- Unha piscina municipal, a da Gándara quedase pequena para a moita demanda dun concello tan ampla.
- Mellora do transporte, para a conexión co centro médico e para o Polígono do Río do Pozo entre outros lugares.
- Baixada do IBI.
- Abrir a Rúa Dr.Fleming.
- Mellorar a accesibilidade, os semáforos non teñen sonido para os invidentes, o bordillo das beirarrúas e marquesinas é moi alto, marquesinas nun alto sen baranda…
- Non hai un lugar que se adique ao fomento da cultura, tipo Ateneo.
- Un centro de maiores nun concello con poboación envellecida que non quera mudar de cidade.
- Erradicación de plantas invasoras no paseo de Xuvia como a Herba da Pampa ( plumón) , acacia, margarida do Cabo...
Segundo imos escoitando as achegas de asociacións e entidades decatamos dos lugares comúns e do ben que sabe a veciñanza o que precisa. Nós como aspirantes a representala só temos que escoitar e traballar para que se fagan realidade.


Comentarios
Publicar un comentario