Desta xeira concorremos ás eleccións municipais dentro da unión de esquerda Son en Común (Anova, Esquerda Unida e Podemos).
Creado polas tres forzas para ser a ferramenta capaz de parar a dereita na Galiza e construír alternativa dende a esquerda.
André Abeledo, o noso candidato a alcaldía valora como “moi bo” o resultado en Naron de En Común Unidas Podemos, coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo.
A terceira forza en empate técnico cun PP en caída libre.
Os 4.020 votos conseguidos, un 18,57% de porcentaxe de voto, demostran que o próximo 26 de Maio Narón por Diante vai ter a oportunidade histórica de dar a veciñanza a posibilidade dun cambio real, o famoso “sorpasso” é posible.
Abeledo amosase orgulloso de liderar unha grande candidatura con capacidade para gobernar. Unha candidatura que conta con xente de esquerdas cunha traxectoria impecable, limpa, e un grande espírito de servizo á veciñanza é capaz de axuntarse para traballar por Narón.
Contamos cunha equipa de traballo cunha gran capacidade e cunha traxectoria política ou sindical contrastada, axuntamos mocidade e veteranía, traballadoras e traballadores, veciñas e veciños de Narón dispostos a traballar con honestidade polo noso Concello.
André Abeledo amósase convencido de que Narón por Diante é a garantía de que a dereita non vai a gobernar en Narón.
Nin con paracaidistas nin sen eles. Imos cerrar o paso a dereita en Narón cunha candidatura de garantías para as naronesas e naroneses.
Estamos convencidas e convencidos de que Narón por Diante-Son en Común será a grande sorpresa nas eleccións municipais grazas a ilusión e a confianza da veciñanza.


Comentarios
Publicar un comentario