NARÓN POR DIANTE fai un chamamento as solidarias familias naronesas para que participen no programa “Vacacións en Paz” e acollan un neno ou nena saharauí este verán.
Son necesarias novas familias dispostas a facer o esforzo solidario de acoller unha crianza saharauí nestas datas, por ese motivo animamos a nosa veciñanza a participar nesta iniciativa solidaria da que podedes informarvos na páxina de SOGAPS
Lembrar que est@s cativ@s vense obrigados a vivir nos campamentos por causa da ocupación marroquí do Sáhara Occidental.
Para estas crianzas non son unhas vacacións, precisan destes meses para recuperarse da difícil vida nos campamentos e fuxir das altas temperaturas do deserto alxerino nestas datas.
Xa preocupado por esta situacion André Abeledo levou a Pleno unha Moción en Xullo de 2018 en apoio ao pobo saharauí e ao programa “VACACIÓNS EN PAZ.
Moción que foi aprobada en dito Pleno e na que se solicitaba a realización por parte do Concello de Narón dunha campaña informativa urxente para buscar familias de Narón dispostas a participar no programa solidario de acollida de nenas e nenos saharauís de "VACACIÓNS EN PAZ" durante o verano.
Entendemos que este punto non se cumpriu no sentido de continuar có traballos de concienciación e busca de familias acolledoras na nosa cidade.
Tamén esixía na Moción que os orzamentos da Xunta de Galicia como os do Goberno do Estado contemplen unha partida económica para sufragar integramente os gastos do viaxe das nenas e nenos saharauís que participan no programa “Vacacións en Paz”. Algo que tampouco nin a Xunta nin o Goberno Central están a facer.
Denunciamos a ilegal ocupación do Sáhara por parte do exército de Marrocos causa principal deste drama humán.
Lembramos que o Estado español ten unha responsabilidade histórica para có pobo saharauí, posto que no momento da ocupación era territorio español.
Daremos a benvida as crianzas que pasarán os vindeiros dous meses en Narón fuxindo das terribles condicións de vida dos campamentos durante o verán, as altas temperaturas converten aos campamentos nun auténtico inferno nestas datas. Pero tamén os recoñecemos como pequenos embaixadores da causa do pobo saharauí.
Felicitamos aos responsables de "Vacacións en Paz" e sobre todos as familias acolledoras por esta grande labor solidaria e internacionalista.
Apoiamos o dereito do pobo saharauí a recuperar a súa independencia e denunciamos a ilegal ocupación marroquí do Sáhara Occidental.
Cando os medios de comunicación deixan de falar dun conflito, dun drama humano, ese conflito, ese drama, non desaparece, continúan, pero faise invisible.
Cando isto acontece non é por casualidade, existe unha causalidade, normalmente son intereses económicos e xeoestratexicos os que agochan o problema.
O caso do Sáhara Occidental é o dun esquecemento forzado, o dun agochamento intencionado e interesado.
Precisamos de accións políticas que tenten sacar a luz a realidade e dan un recoñecemento ao Sáhara Occidental como nación ocupada ilegalmente por Marrocos.
En relación ao Sáhara Occidental faise necesario ter memoria, a mesma memoria histórica que aínda precisamos no Estado español.
Recuperando a memoria sobre a nosa historia entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade có Sáhara Occidental, este non é un conflito alleo ao Estado español, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.
O Estado español ten unha débeda histórica có pobo saharauí, os deixamos tirados, os entregamos a Marrocos, o pobo español ten a obrigación moral de denunciar a situación da poboación saharauí que vive nos Territorios Ocupados por Marrocos, que sufre, sistematicamente, a violación dos seus dereitos máis elementais.

Comentarios
Publicar un comentario