Hoxe en pleno o noso candidato André Abeledo,como voceiro de EU Narón ,rexistrou unha moción urxente para a adopción de medidas para o control da poboación de gaivotas na zoa urbán de Narón.
Como non podía ser doutro xeito foi aprobada por unanimidade.
O noso xeito de traballo é sinxelo, escoitamos á veciñanza e tratamos de solucionar as súas demandas, non facemos promesas, poñemonos mans a obra.
“Veciños de Santa Icía levan queixándose das molestias que causan no seu barrio sobre todo na época de cría.
As gaivotas adoitan aniñar en poboacións naturais: illotes, rochas ou cantís. Sen embargo, nos últimos anos a elevada densidade de individuos nas poboacións naturais xerou unha escaseza de lugares de aniñamento, o que implica que estas aves poidan establecerse en áreas humanizadas.
Nestas zoas adoitann formar os seus niños preferentemente en lugares pouco accesibles e con abundantes sombras e recunchos, como por exemplo, tellados, chemineas, terrazas,…
O crecente aumento das poboacións de gaivotas débese a que aprenderon a explotar dúas fontes de alimento: os vertedoiros, contedores de lixo e do peixe na zona costeira. Isto supón que a densidade de individuos sexa cada vez maior, e que as colonias se despracen ata zoas humanizadas en busca de máis alimento e novas zoas para aniñar.
Son coñecidas por ser aves moi territoriais, especialmente nesta época, cando hai crías de por medio.
Ao ser aves gregarias e ruidosas, a súa presenza causa molestias en zoas urbáns polos ruídos,ataques e excrementos acumulados nos edificios destas aves.
Os traballos de control da especie deron os seus froitos en Ferrol, cunha redución da colonia de gaivotas dun 54 % nos últimos dez anos.
As técnicas para poñer coto a estas pragas son moitas e variadas, aínda que todo depende da especie e do presuposto. O ideal é unha acción prolongada no tempo que permita un control sistemático da poboación.
Estes traballos de retirada das zonas de cría realízanse dende Maio ata o verán.
Por este motivo entendemos necesario diminuír a medio prazo a poboación reprodutora “urbana” e desprazala ata zonas naturais. Para minimizar no posible as molestias que as gaivotas ocasionan á cidadanía, sobre todo no período de cría.
ACORDOS:
1. Solicitamos un estudo sobre a poboación de gaivotas nos barrios da nosa cidade onde existan queixas veciñais, sobre todo na época de cría.
2. Solicitamos ao Concello de Narón que tome as medidas axeitadas non lesivas (evitando métodos como lazos, tanzas, etc que son cruentos) para o control desta ou outras especies.
3. Solicitamos medidas complementarias a adoptar para non facilitar o acceso ao lixo, recordando á veciñanza non deixar as bolsas fora dos contedores, poñendo máis se fose necesario para evitar facilitarlles o foco de alimentación. Temos como exemplo a zona de Santa Icía que é un punto de gran nidificación onde a superpoboación de gaivotas orixinan as queixas dos veciños.
Asdo.: André Abeledo Fernández
Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE.”

Comentarios
Publicar un comentario