Intervención de Andre Abeledo sobre a senda peonil e ciclista de O Val:
"Dende o primeiro momento manifestamos o noso pesar porque un importante investimento para O Val e para Narón puidera perderse.
Entendemos que unha senda peonil e ciclista é algo positivo, aporta seguridade e dá valor aos terreos.
Un proxecto da Xunta pode ser modificado nun 10% sen necesidade de ser retirado, pos iso anímamos no seu momento ao dialodi con aqueles veciños que se sentían perxudicados para poder sacar adiante o proxecto.
A excusa que puxo a Xunta de Galicia para retirar finalmente o proxecto, parécenos infantil, pouco sería e irresponsable, o feito de sentirse maltratados durante unha asemblea para explicar un proxecto non é motivo suficiente nin defendible.
Entendemos que as xestións para a devolución dos terreos expropiados son un tramtrá administrativo individual, no que o Concello pode colaborar cos afectados para indicarlles cales son ditos trámites e como xestionalos. E pedimos ao Goberno que actúe neste sentido."


Comentarios
Publicar un comentario