Xuntanzas de Narón por Diante coa Asociación Cometa

A semana pasada tivemos unha fructífera e interesante xuntanza coa Protectora de Animais Cometa na que nos expuxeron as carencias que observan no concello en ordenanza animal e nós nós fixeron achegas sobre como solucionar estás eivas, froito da súa máis que probada experiencia.
En Narón por Diante consideramos precisa opinión das entidades , asociacións e particulares sobre a vida cotia en Narón, ninguén mellor que a veciñanza para suliñar as súas necesidades e demandas.
As xuntanzas están sendo ben interesantes, descubrindo un Narón mozo, con proxectos e ilusion e aí estará sempre Narón por Diante para apoiar e escoitar , a nosa é unha política de portas abertas.
A Asociación Cometa convidounos hoxe a visitar as instalacións, foi unha mañá fermosa. Non só puidemos comprobar o grande traballo destas voluntarias que poñen o seu tempo e cartos no proxecto, tamén o seu grande amor polos animais.
Quedamos coa frase da súa presidenta Iria " O que eu lles dou non é nada comparado co que me dan eles a min".

Dar tempo e amor é o verdadeiro altruísmo.

Tamén viñemos compretamente namorados dos canciños que só buscaban xogar e mimo. Sen dúbidas merecen unha familia e estamos seguras de que en Cometa lles atoparán a mellor.
Unhas instalacións con moito espazo para correr e coidadas con amor. 


Recollemos íntegras as achegas que as voluntarias nos fixeron chegar para un Narón cunha convivenza animal respectuosa:

"PROPOSTAS PARA QUE NARÓN AVANCE EN TEMAS DE PROTECCIÓN ÁNIMAL.

Malía que Narón é un Concello dos máis extensos territorialmente de Galiza, sen embargo os espazos verdes para poder desfrutar cos nosos amigos peludos escasean e os poucos existentes non teñen nin carácteristicas axeitadas nin mantemento suficiente como para satisfacer a necesidades dos cidadáns que adquiren o compromiso de ter un animal como un membro máis da familia.

Primeiramente podemos observar que os parques caninos son considerablemente pequenos para a maioría de cans de tamaño grande. O que provoca que o ambente neles sexa inseguro tanto para os donos como para os animais. Os cans son animais que aman o espazo e se este é reducido poden estresarse con facilidade e amosar actitudes agresivas cara outros cans que que queiran entrar no parque, xa que consideran que o territorio e de seu.

Por outra banda os peches son débiles e en moitos lugares están deteriorados. A altura tampouco é suficiente para que cans de envergadura mediana ou grande poidan saltar con facilidade.

Un aspecto fundamental destos espazos é a estigmatización das razas, nomeadamente os PPP ( perro potencialmente perigoso). Neste momento os PPP non poden acceder aos parques , por lei autonómica, impedindolle socializar con outros cans o que ven sendo un aspecto vital para calquer can. Non debe descoidarse a seguridade pero non se debería estigmatizar a un animal Pola raza.

A solución sería aumentar os espazos de lecer canino, tanto en número como en tamaño, con elo conqueririase habilitar lugares de recreo, socialización e desfrute para que os animais estean relaxados sen ver o seu territorio ameazado.
As perdas e fuxidas de mascotas reduciríanse pois non sentirían a necesidade de estar ceibes e ,por suposto, solventariase a necesidade de ter lugares onde levar aos nosos cans sen sentirnos criminalizados por ter un familiar de catro gadoupas.
Teríamos con elo un concello pioneiro nesta materia de protección e convivenza animal.

Outro tema que se adoita tratar e o xeito de integrar na vida social cotiá as persoas que deciden adquirir o compromiso de inxerir un animal na familia. Cada día son máis as persoas que optan pola adopción dun animal , mais na vida cotiá enfróntanse a estigmatización , exclusión ou illamento social.
Certo é que debe esixirse un mellor control do cumprimento das obrigas que un cidadán responsable ten por ser dono dun animal, por exemplo , son fundamentais o control de recollida de excrementos e a posta do microchip pero tamén é preciso inculcar na sociedade o respecto por esas persoas que decidiron coidar dun animal.
Para favorecer esta convivenza , poderíanse establecer horarios ou permisos.

No tocante aos adoptantes de animais observamos varias problemáticas a abordar urxentemente.
A obriga de ter aos cans identificados mediante o chip aínda é unha asignatura pendente en moitos fogares. O chip é a única medida eficaz para evitar o abandono e maltrato, xa que cando non o ten non se recoñece a propiedades e ,polo tanto, dificulta ou imposibilita a denuncia.
Ademáis en caso de perda facilita atopar a familia do canciño extraviado. Sería preciso crear campañas de “Posta de microchip” a precios reducidos ou convenios do Concello con veterinarios.

Outra lacra, normalizada, é de manter aos cans atados con cadeas en fincas, patios á intemperie e incluso hacinados en balcóns. Esta costume ademais dunha crueldade é unha ilegalidade recollida na Ordeanza de Benestar Animal aprobada a principios de ano. Malía a leí, na práctica non existe un sistema de control municipal nin intención de crealo. A cotio sabemos de situacións que caen neste xeito de maltrato, encadeados todos os días, meses,anos...ata morrer de soidade e debilidade. Pero para unha asociación ou particular non se pode denunciar porque se esixen probas feacentes, cómo probar que un animal está 24 horas atado?
Por elo se esixe o cumprimento da lei con medidas de control municipal e sanción.

É fundamental a colaboura e cooperación directa entre a Asociación Cometa e a policía local para frear os casos de abandono e maltrato que existen no noso Concello.


Un grande problema no noso concello é a poboación de colonias felinas na rúa, para os cales ata o momento non se tomou ningunha medida respectuosa e de calidade.
Neste caso, a asociación Cometa leva anos desenvolvendo o proxecto C.E.S ( Captura, esterilización e solta) nalgunhas colonias de Narón, como a de Freixeiro, a cal a día de hoxe está controlada nun 80% aproximadamente.
Segundo a nova Ordenanza de Benestar Animal é o Concello o responsable de tal control pero ata a data o Goberno de Narón non realizou ningunha acción e o control segue en mans de Cometa.

Por outra banda, as persoas que alimentan a cotio estas colonias, preocupándose do seu estado de saúde e poñendo do seu peto en coidalos do mellor xeito posible atópanse que son criminalizados ou considerados tolos por tentar protexer a animáis en situación de risco de atropelo,enfermidade, ataques, fame…
Dende Cometa cremos que debería levarse a cabo unha colaboración entre Concello e estos benefactores para que as colonias nas rúas tiveran atencións dignas e hixiénicas, habilitando espazos controlados onde situar casetas, utensilios para alimentación e, por suposto, levando a cabo esterilizacións para evitar a superpoboación.

Nun territorio tan senlleiramente rural a tenenza de cabalos é moi popular,sen embargo en moitos casos non se teñen nas condicións axeitadas, permanecendo atados en descampados sufrindo altas temperaturas en verán sen sombra e as inclemenzas do inverno sen sequera un sitio onde acubillarse. Dende o Concello deberían tomarse medidas de control nestes casos obrigando aos propietarios a ter un espazo habilitado de cobixo con auga."


Sen dúbida dende Narón por Diante teremos en conta as achegas de Cometa e faremos o posible por facelas chegar ao concello.

















Comentarios