Xuntanza con Santiago Font, conselleiro delegado de POLIGAL



Decepciónante e inútil reunión. Así cualifica André Abeledo a xuntanza con Santiago Font conselleiro delegado de POLIGAL :"Foi como falar cunha parede".

Abeledo entende que Santiago Font viña a comunicar a decisión do Grupo Empresarial de pechar a súa planta en Narón, e non tiña o menor interese en buscar alternativas ou artellar solucións para evitar o peche.

Ademáis Abeledo afeoulle a Font a oferta de recolocar a uns 20 traballadores para "aproveitar" a súa gran experiencia, é algo case insultante, é recoñecer a valía dos traballadores e pretender que teñan que emigrar para seguir traballando en Polonia ou Portugal.

O voceiro de NPD indicoulle aos representantes da empresa, que o único que sacaba en limpo da posición do grupo empresarial é que recoñecen o brutal impacto que para unha comarca tan castigada como Ferrolterra ten este feche, que son conscientes do drama que supón para máis de cen familias, que saben que van a botar a rúa a traballadores cunha idade media de entre 45 e 50 anos, e que a pesar de todo pretenden seguir adiante co feche.
  Insistiu na deslocalización encuberta ao pechar a planta en Narón, "vostedes deixan de ter plantas no estado español con esta decisión, é unha decisión ata antipatriótica".

  Advertiu que "non imos a agardar ao concurso de acredores, nin a decisións xudiciais para dar resposta a esta decisión medida en termos económicos e non humanos".

"Vostedes nos empuxan a unha longa loita político social. Que vai ser mala para todos, e tamén pasará factura ao seu grupo empresarial".




Comentarios