O noso
voceiro e candidato André Abeledo reuniuse có comité de CLECE,
empresa que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón, co
obxectivo amosar o apoio de Narón por Diante as súas reivindicacións.
Abeledo ao fronte da equipa de
Traballo de Narón por Diante xuntouse có Comité de Empresa de CLECE que tamén
contou coa asistenza de Alex Bello responsable comarcal de CCOO.
Como voceiro de EU-Narón André Abeledo rexistrou unha Moción para o Pleno
deste Xoves día 28 apoiando as reivindicacións do plantel da empresa CLECE
da que o Concello de Narón é contratante para o servizo de axuda a domicilio no
municipio.
Nela inxirese a petición ao goberno de executar a resolución do contrato tal e como marca a
Lei de Contratos do Sector Público no caso de incumprimento das condicións
establecidas nos Convenios colectivos en vigor durante a execución do contrato.
E que o Concello de Narón se dote dun órgano de seguimento das condicións
sociolaborais das traballadoras e traballadores que executan labores para o
Concello.
Representantes das traballadoras e traballadores estarán presentes
durante o Pleno para asistir ao debate da Moción.
André Abeledo
agarda que a Equipa de Goberno tenda unha man aos representantes dos
traballadores que tamén estarán presentes no debate no pleno, e que unha gran
multinacional como CLECE deixe de incumprir e abandone a súa prepotencia para
comezar a falar en pé de igualdade cos traballadores. É preciso que se
dignifique un traballo difícil, mal pagado e que non permite conciliar, onde o
estres psicolóxico e os abusos están a orde do día.
Cada día hai máis
altas de usuarios, créanse bolsas de horas que comprican aínda máis a
conciliación da vida laboral e persoal. Débese solucionar o
conflito entre convenio colectivo e dereitos dos usuarios e neste senso o prego non reflicte moitas das realidades e
casuísticas.
Por outra banda, faltan persoas formadas para profesionalizar o servizo,
cubrir baixas ou vacacións, é preciso, polo tanto, apostar pola formación de
profesionais para ofrecer un servizo óptimo.
Tamén teñense que mellorar as
condicións laborais deste sector para
atopar xente que estea interesada en adicarse a este oficio xa que a actual
situación no o fai atractivo para
posibles empregados.
A nosa intención é facer de Narón un exemplo na axuda a domicilio,
mellorar o servizo e dignificar o sector, creando unha relación óptima
usuario-traballador.
Os
ACORDOS solicitados na Moción son os seguintes, Abeledo indica que estamos abertos a
negociación e ,incluso, a retirar algún dos puntos si existe un compromiso real
da empresa e da Equipa de Goberno para dar unha solución.
1. Amosar o apoio as reivindicacións do plantel da
empresa CLECE.
2. Executar a resolución de contrato tal e como marca a
Lei de Contratos do Sector Público no caso de incumprimento das condicións
establecidas nos Convenios colectivos en vigor durante a execución do contrato.
3.Dotar
ao Concello dun órgano de seguimento das condicións sociolaborais das
traballadoras e traballadores que executan traballos para o Concello.
O que
buscamos son solucións e para atopalas é preciso que tanto o goberno local como
a empresa estean dispostos a escoitar a traballadores e usuarios.


Comentarios
Publicar un comentario