![]() |
A xornada de onte 8M , dende as primeiras concentracións da mañán sindicais e estudantís só pode calificarse de éxito do feminismo.
Xa á mañán no Cantón de Molíns podiamos ver as proclamas feministas de clase traballadora, non se entende a destrucción do patriarcado sen a caída do capitalismo explotador de clase e xénero
Estímase polo que dín os medios que onte na nosa comarca saíron 20.000 persoas á rúa, oxalá e este apoio ao feminismo se reflicta nas urnas, oxalá se lexisle en consonancia e o ano que vén saíamos a celebrar e non a loitar, oxalá o legado recollido das nosas precursoras nos permitan deixarlles as novas xeracións un mundo de igualdade.
![]() |
| Amboaxe quedou pequeno |
As compañeiras de Narón por Diante estivemos onte na rúa , o noso medio natural, hoxe aínda temos resaca de emocións e cheas de enerxías renovadas poñémonos a traballar en que solucións podemos dar dende a política.
Vémonos nas rúas compañeiras !
Nin un paso atras! Por todos os dereitos ,por todas as mulleres!
![]() |
| Manola , incansable compañeira.Foto Jorge Meis |




Comentarios
Publicar un comentario