Narón por Diante denuncia o incumprimento do convenio colectivo por parte da empresa CLECE que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón.

A empresa non esta a cumprir coas condicións que establecen os pregos do contrato. Entendemos que o máximo responsable de fiscalizar o bo funcionamento do servizo e de controlar os incumprimentos das empresas contratadas, sobre todo cando falamos dunha función tan vital como é a axuda a domicilio, é o contratante do devandito servizo, o Concello de Narón.
Atopámonos con que o aumento das horas laborais en contrato para axuda a domicilio non supuxo como contemplan os pliegos a dignificación deste traballo, referímonos a converter tempos parciais en totais para conseguir que estas coidadoras poidan ter un salario digno.
Ademáis moitas das usuarias tamén sofren cos continuos cambios de coidadora cando os pliegos contemplan que por un mesmo domicilio non pasen máis de catro coidadoras, e somos coñecedores de casos onde chegan a pasar ata vinte, algo que para aquelas persoas con as súas facultades mentais mermadas é moi prexudicial é desestabilizador.
Alex Bello Martínez, responsable de Construcción e Servizos de CCOO, rexistrou unha denuncia en Inspección de traballo describindo estes incumprimentos, o fixo ante a pasividade do goberno municipal ao desoír as reclamacións de intermediación con CLECE por parte da representación sindical.
Enumeranse entre moitos outros incumprimentos:

- CLECE non elabora como esixe o convenio un calendario laboral con carácter anual.
- A empresa modifica de maneira unilateral a xornada de traballo.
- O 100% das contratacións a tempo parcial son xornadas impostas empresa incumpre a política de traslados.
- CLECE non considera tempo de traballo efectivo utilizado polas traballadoras e traballadores para ir a recoller as luvas, ou cubrir os moitos formularios a que a empresa obriga.
- Algúns traballadores e traballadoras e tamén a coordinación do servizo, sofren unha carga de traballo excesiva. .
Perante esta denuncia dende Narón por Diante non podemos máis que esixir a Equipa de Goberno que cumpra coas súas obrigas, e que atenda as xustas reivindicacións d#s traballador@s e deixe claro a CLECE que convenio e pliegos están para ser cumpridos conforme a lei.

Comentarios
Publicar un comentario