Mulleres no Naval e no sindicalismo

Sonia Mauriz,Rocío Sanz ,Isabel Gomez e Patricia Saavedra.


Onte tivemos a primeira das "Charlas con Narón por Diante", o tema escollido foi ben interesante “Mulleres no naval e no sindicalismo” , as invitadas Isabel Gómez González das primeiras pintoras de Bazán e ex secretaria da Muller na Industria para Galicia, Rocío Sanz armadora en Nervión, a única muller no seu posto de traballo ,e Patricia Saavedra Barcia delegada de CCOO e Técnico de prevención en auxiliares de Navantia.

As tres convidadas partillaron con nós as súas experiencias na factoría , dende o tempo no que entrou Isabel no 84 ata hoxe as tres subliñaron que as cousas foron mudando aos poucos sen embargo aínda queda moito camiño.


Isabel Gómez compartiu a anécdota de que cando comezou non tiña baño para ela un tempo que estivo na Graña e tiveron que darlle acceso ao das mulleres dos oficiais de mariña. Que cando entrou con 17 anos nin había tallas máis pequenas que a 48 , sobraballe por todas partes co de inseguridade que significa xa que podes engancharte nas máquinas.
Tamén nos contaron das situacións de acoso verbal e de desconcerto dos homes ao compartir espazo de traballo con mulleres.

Navantia conta cun plan de Igualdade pero semella que na práctica, a pesar das boas intencións queda moito por facer, a brecha salarial segue existindo, os ascensos seguen sendo primordialmente masculinos, a conciliación non sempre se facilita sobre todo nas auxiliares e unha cousa tan sinxela como unha guardería para que pais e nais poidan deixar as crianzas nunha factoría onde se entra a traballar moi cedo non existe a día de hoxe.
“ É singular está situación xa que por exemplo a Mariña que está xusto ao lado sí conta cunha guardería” ,comentaba Patricia Saavedra.


Incidiron as tres convidadas que aínda que queda moito por facer Navantia é un bo lugar para traballar e que agora que se agarda que haxa catro anos de incorporacións de traballador@s queren animar as mozas da comarca a formarse e presentarse as convocatorias.

Dinnos, que non é un traballo fisicamente inaccesible, que hoxe en día as medidas de seguridade o fan incluso máis sinxelo de levar é que non é máis duro que os traballos socialmente aceptados “femeninos”.
Insisten en que as condicións laborais son moi boas e sobre todo comparado co mercado laboral e que ademais “ as mulleres fan moita falta”, incidía Rocío Sanz que como única muller a pé de obra no seu posto de traballo contounos que estaba moi cómoda entre os seus compañeiros que ao principio si estaban un pouco desconcertados con ela pero hoxe en día “ son un máis”.


Debateuse e concordaron convidados e asistentes en recuperar algo tan senlleiro na nosa comarca como a Escola Obreira , onde mozos e mozas poderían formarse xuntos.
A educación mixta educa en igualdade e ,por outra banda, as mozas da nosa comarca si comezarían a considerar o naval como unha opción laboral.

As mulleres de Navantia/Bazán foron invisibilizadas ata o punto que moita xente da nosa comarca descoñece que o dique foi escavado por mulleres , que dende hai anos hai mulleres nos talleres, que hai grandes soldadoras, armadoras, pintoras...que ademáis comprometidas coa loita obreira moitas delas son delegadas dos seus comités de empresa.

Non podemos vivir de costas a este pasado e temos que animar as mozas a recoller este legado e ser o futuro do naval e da nosa comarca.
Para Narón por Diante a cousa non quedou nunha charla e levaremos a cabo máis actividades neste eido. Obrigados coas convidadas e cos asistentes





Comentarios