“Non era un domingo calquera, era o 3 de marzo do 2019, o último berro antes do tan agardado día 8M, o noso día, o mencer no que as mulleres pararán o mundo, no que a ultradereita e o patriarcado toparanse co muro do feminisno.
Os autocares saíron as 9.15 da mañá en Narón,as 9:30 en Ferrol, e pasaron polas localidades de As Pontes, San Sadurniño e Fene.
Mentres agardabamos a emoción xa apalpábase no ambente. Camisetas, perrucas e pinturas de guerra empezaban a circular, as nosas batukeiras cos seus bombos e baquetas perfectamente equipadas, todas unidas e preparadas para facer escoitar o noso berro de liberdade.
De camiño cantamos as cantigas que galegas 8M preparou para a manifestación,verbas de liberdade e loita. No aire sororidade e ilusión.
De camiño cantamos as cantigas que galegas 8M preparou para a manifestación,verbas de liberdade e loita. No aire sororidade e ilusión.
Xa en Lugo, baixamos do autobús e o que nos atopamos motivounos aínda máis se cabe, o violeta asulagaba as rúas, o ruído das batukeiras guerreiras atronaba a cidade e os berros de guerra facíanse notar.
Cando todos os autocares arribaron, chegados de todas as zoas de Galicia, partimos cara o inicio da manifestación na Porta Falsa. Eramos moitas, moitisísimas, o feminismo galego alzouse e isto era moi emocionante.
Mulleres de indiferente condición social, etnia, idade ou bandeira e tamén porque non dicilo, moitos homes de violeta, as nosas armas tambores e como munición a voz.
As rúas abarrotadas e berros como “Mulleres na rúa, a loita continúa” ou “Non estamos todas, faltan as presas” ían quencendo motores xunto co ritmo das batukeiras no que sería un gran día.
Arrinca a manifestación, todas as agrupacións convidadas por Galegas 8M, perfectamente organizadas botánse a andar.
Arrinca a manifestación, todas as agrupacións convidadas por Galegas 8M, perfectamente organizadas botánse a andar.
Camiñamos acompañadas dos cánticos xa preparados de adaptacións de cancións como a histórica Bela Ciao, símbolo antifascista onde os haxa ou da popular cantiga galega VerdeGaio.
Rodeamos as murallas de Lugo case transportadas, escoitabamos ás batukeiras ao unísono,as mans alzadas, as gorxas roncas de berrar “Todas con dereitos, ningunha con medo”, “Aquí está, aquí se vé, o feminismo,galego en pé” ou “Ista é, a nosa revolta”, as nenas con pancartas e, os nenos con tutú, as señoras maiores , as bandeiras doutros pobos...a liberdade manifestandose.
Todo discurriu rematando sen problemás na praza Horta do Seminario, onde se leu o manifesto da man de María Reimondez e María Osorio. Neste manifesto esixen, esiximos que se poñan sobre a mesa “Un plan integral que protexa as nosas vidas do machismo e as violencias machistas” e “Orzamentos e medidas concretas en materia de dependencia que asuman a carga de traballo invisible e non remunerado de moitas mulleres no ámbito asistencial e dos coidados”.
Tamén para lembrar os motivos que fixeron que miles de mulleres se xuntaran alí neste día, rematar coa violencia machista, eliminar a desigualdade e vulnerabilidade por causa racial,parar co acoso e co medo, un chamamento á unión para poner fin a un sistema patriarcal, un berro á liberdade.
Erradicar a brecha laboral, a precariedade e o teito de cristal. E rememorando sempre “as mulleres que non paran porque non teñen o privilexio de poder parar”.
Mentras lían o manifesto a bandeira do pobo xitano ondeaba preto da do feminismo,da do LGTB ,a estrelada e a republicana...faros de liberdade en armonía.
Ao rematar a lectura, falaron tamén representantes de agrupacións especialmente atacadas polo machismo, entre elas a do pobo xitano.
A continuación, cantou o grupo Batuka Tabanca, burelanas de orixe caboverdiano e despois houbo tamén un xantar común para achegar ideas de cara a este venres 8M,para poñer, da mellor das maneiras, broche final a unha manifestación máis que exitosa.
De volta a casa ,xa no bus, aínda estabamos emocionadas, sabendo máis que nunca, que este 8M imos saír á rúa, por nós, polas que non poderán, por todas, porque é a nosa loita.
De volta a casa ,xa no bus, aínda estabamos emocionadas, sabendo máis que nunca, que este 8M imos saír á rúa, por nós, polas que non poderán, por todas, porque é a nosa loita.
Así que este venres 8M colga o mandil e únete.
Grazas Galegas 8M
POR TODAS AS MULLERES
POR TODOS OS DEREITOS
REVOLTA FEMINISTA
Grazas Galegas 8M
POR TODAS AS MULLERES
POR TODOS OS DEREITOS
REVOLTA FEMINISTA
Lorena Bermudez e Sonia Mauriz








Comentarios
Publicar un comentario