Galiza arde indefensa a mans de pirómanos e especuladores do cemento e o eucalipto




"Galiza arde indefensa a mans de pirómanos e especuladores do cemento e o eucalipto.

Novamente a Galiza sofre os lumes forestais, máis a Xunta de Galiza, nin está, nin se lle agarda. Ano tras ano igual, o pobo loita con cubos e mangueiras contra o lume, non hai medios nin planificación.

Dende o goberno da Xunta de Galiza  preténdese dar a entender que os lumes son algo inevitabel, un fenómeno da natureza, pero non é certo, Galiza arde porque un goberno irresponsabel decidiu recortar en medios e lexislar á medida de especuladores sen escrúpulos.

Os intereses obscuros dalgúns se van agora a beneficiar da aprobación dunha lei que permite recalificar chan queimado, unha lei que é moito máis perigosa para os montes galegos que todo un ano de sequía.

Dí o señor Feijoo que Galiza arde porque o chan está moi seco, alguén debería decirlle a este lumbrera que esto adoita pasar no verán. E que todo o mundo sabe que o cambio climático é unha realidade.

E Feijoo dí semellantes tonterías sen porse colorado, ao máis puro estilo George W. Bush que nos seus tempos como inefable presidente de Estados Unidos defendeu públicamente que o mellor xeito de evitar lumes era cortar as árbores.

A Xunta de Galiza aposta no caso dos brigadistas, como no caso do corpo de bombeiros, por privatizar salvaxemente estos servizos básicos para a ciudadanía, entregando a concesión a empresas privadas e desviando fondos que deberían ser investidos en obra pública.

Este modelo de espolio e mercadeo co público conleva entre outras cousas unha descoordenación evidente e unha operatividade ineficiente, o lóxico sería que este servizo fórmase parte dun corpo único e coordinado a nivel autonómico.

Unha lei de chan irresponsable e temeraria, unida a privatización salvaxe dos servizos contra incendios, sumada á descoordenación, ao drástico recorte de plantilla das brigadas forestais, á falla de medios, ao traballo en precario, son a suma de factores que nos da o resultado dunha Galiza en chamas, que arde polos seus catro costados, non é la sequía s causa deste drama señor Feijoo, é vostede é o seu mal goberno."

André Abeledo, voceiro e candidato de Naron por Diante.


Comentarios