Chamamento á folga do 8M! Revolta feminista!



As compañeiras de Narón por Diante queremos chamar á folga do día 8 de Marzo.
Temos motivos demáis para parar este día, para parar o mundo con nós. Durante séculos vivimos sen voz ,sen rostro,sen dereitos máis que os de ser musas, nais, putas ou santas.
Somos máis, somos persoas, somos mulleres.
Reivindicamos o noso dereito a non vivir no umbral da pobreza, á escoller a nosa sexualidade , a ser nais ou non, á crianza, a non ser obxectos mercantís de lecer, a que non se aluguen os nosos úteros, a ter contratos iguais aos homes, a non ter medo, a desfrutar as rúas…todas con dereitos, ningunha con medo!

Se non podes ir a manifestación ou facer folga laboral ou de coidados tamén podes amosar apoio, colgando un mandil na xanela e non consumindo ese día.


Se es home sustitúe as mulleres do entorno nas labores de coidado ou laboral. Se ves a manifestación respeta o protocolo, vai detrás e non collas os megáfonos. Non te excluímos pero é o día de visibilizarnos nós e ademáis temos compañeiras víctimas de agresións e violencia de xénero, a nosa prioridade son elas e que se sintan seguras.


O movemento feminista anticapitalista, igualitario,anti racista, abolicionista e defensor de todas as diversidades chama a folga o día 8, en nome de todas as que loitaron antes recollemos o legado e estaremos nas rúas berrando coas compañeiras !
Non traballamos !
Non estudamos!
Non consumimos!
Non coidamos!



Área da Muller Narón por Diante

Comentarios