Poñemos cara aos 10 primeiros nomes da candidatura


Sonia Mauriz, André Abeledo é Xesús A.Lopez Pintos.

NARÓN POR DIANTE pon cara as dez persoas que van a encabezar a candidatura de cara as eleccións municipais.

André Abeledo Fernández
Sonia Mauriz Pereira
Xesús Anxo Lopez Pintos
Lorena Bermúdez López
Roberto Villasuso Vázquez
Tamara López Díaz
Marcos Guerreiro
Belen Aneiros López
Alex Díaz Corral
Iria Gómez López

André Abeledo entende que a unidade da esquerda con maiúsculas é unha necesidade. En Narón a resposta a esta necesidade chámase NARÓN POR DIANTE.
O cabeza de candidatura indica que onte como hoxe precisamos de unidade, xenerosidade e traballo.

Si ben é certo que o proceso de construción de NARÓN POR DIANTE non pode darse por rematado. E tanto o candidato como unha parte da candidatura foron escollidos nas asembleas por unanimidade, continuamos coas portas abertas a participación doutras organizacións e de persoas a nivel individual que queiran sumarse para traballar por Narón.

André Abeledo, Sonia Mauriz, Lorena Bermúdez Doce, Tamara López Díaz, Belén Aneiros, Xesús Anxo López Pintos, Roberto Villasuso, Marcos Guerreiro, Alex Díaz e outras compañeiras e compañeiros forman parte dos primeiros postos desta candidatura de unidade que é NARÓN POR DIANTE.

Precisamos  dunha proposta clara dende a óptica da esquerda que rache cunhas condicións que condenan ás persoas traballadoras, maiores e novas á pobreza e á emigración.

André Abeledo destaca a importancia de NARÓN POR DIANTE, que xa é unha realidade ilusiónante, unha ferramenta, un espazo capaz de aglutinar o mellor da esquerda naronesa.

Compromiso social, militancia, xente de esquerdas que se axuntan para traballar por Narón. Iso é NARÓN POR DIANTE.

O risco do ascenso da dereita que ameaza con profundar aínda máis no recorte de dereitos laborais e sociais e constitúe un claro elemento reaccionario para os dereitos das mulleres merece das forzas de esquerda unha resposta contundente.

Precísamos tamén de construír un muro de contención da triple alianza das dereitas que ameaza cun programa ultra.

Atopámonos nun momento histórico, precisamos de ser capaces de frear a ultradereita no Estado español. Fascismo nunca máis!.

Apostamos claramente polo diálogo fraterno da xente de esquerda en Narón para sacar adiante unha proposta que pule por defender ás mulleres, aos nosos maiores e á clase traballadora agredida.

O adianto das eleccións ao parlamento, xunto co escenario das eleccións municipais de 2019, obríganos a traballar duro para frear a ameaza da ultradereita, e para dar resposta aos problemas da veciñanza.

Axúntate a NARÓN POR DIANTE. O espazo de confluencia da esquerda. Xenerosidade, compromiso, ilusión para traballar por Narón.


Comentarios

  1. Noraboa a todos e moita sorte.
    Sonia, estou completamente segura que o vas dar todo de tí. Tes o meu apoio incondicional

    ResponderEliminar

Publicar un comentario