O noso candidato André Abeledo critica con dureza a actuación do GRUPO PERALDA en POLIGAL por considerala desleal e parte dunha estratexia deslocalizadora.
André Abeledo e membros de Narón por Diante reunironse xunto con Yolanda Díaz Parlamentaria de EnMarea, cos representantes das traballadoras e traballadores de POLIGAL.
Abeledo critica a actuación do GRUPO PERALDA, unha empresa adicada tamén a montar casinos e salas de xogo, que quere tratar aos traballadores de POLIGAL como simples fichas dun taboleiro de xogo.
Califica tamén de covarde a maneira en que o Conselleiro Delegado comunicou aos representantes sindicais, ao novo comité recen constituído, a decisión de que a empresa entrase en concurso de acredores, o fixo por vídeo conferencia, con premeditación e aleivosía.
O concurso de acredores ademais foi rexistrado en Barcelona un venres, un xeito máis de complicar a resposta dos traballadores e tratar de poñer todos os obstáculos posibles a hora de que poidan defender os seus dereitos.
André Abeledo denuncia que esta actuación forma parte da estratexia de deslocalización que empresarios sen escrúpulos sen mamá patria que o seu bolso, nin mmái bandeira que a súa carteira, están a levar acabo para conseguir máis beneficios e non porque teñan perdas.
Tamén esta decisión de peche de POLIGAL tan repentina parece unha represalia a sentenza gañada polos traballadores no seu momento, que agora pola inacción da empresa, obrigou a que os traballadores pedisen ao Xuíz a súa execución, que obrigaría a POLIGAL a investir 6 millóns de euros para modernizar a súa planta en Narón.
Unha das probas máis claras do que décimos, é que POLIGAL investiu 9 millóns de euros hai pouco na súa nova planta en Portugal e agora inverteron 40 millóns de euros para abrir outra planta en Polonia.
Para colmo ,no seu momento, POLIGAL solicitou as axudas do Plan Ferrol, que recibiron para modernizar a empresa en Narón, pero que nunca utilizaron e finalmente devolveron. Unha proba máis desta estratexia de peche.
Facer fincapé en que as plantas de Narón, Portugal e Polonia, son subministradoras directas da propia empresa, pois subministran de produto soamente dentro do propio grupo, a “POLIGAL GLOBAL SERVIS”.
Polo que a empresa podería comprar por debaixo do prezo de produción para logo vender a prezo normal, e causar un desaxuste financeiro en calquera das súas plantas.
Entendese,polo tanto,que detrás do peche atopase unha xestión desleal, unha falta de investimento que deixou a planta de Narón anticuada como estratexia de delocalización.
Lembremos que a Planta de Narón e a matriz de todo o grupo empresarial, en Narón naceu POLIGAL. E que a media de idade destes traballadores e traballadoras ronda os 50 anos, todo un drama para estas familias, falamos duns traballadores que estiveron dispostos a conxelar os seus salarios para poder sacar adiante a empresa.
Abeledo indica que en moitos países Europeos avanzados, como Alemaña, ou Francia, esta actuación empresarial non sería posíbel, posto que loxicamente teñen unha lei de antideslocalización.
Debemos esixir ao goberno do estado en función, e sobre todo a Xunta de Galicia que non esta en función aínda que non funcione, que tome medidas para evitar este abuso, e lexisle para evitar abusos futuros e que a nosa comarca e toda a Galiza terminen sendo un deserto.
André Abeledo, sairá maña luns acompañando a marcha das traballadoras e traballadores dende POLIGAL ao Concello onde van a reunirse cos voceiros dos distintos grupos.
Abeledo entende necesaria unha declaración institucional onde todos os grupos políticos apoien a causa dos traballadores de POLIGAL, máis tamén que dita declaración esixa a Xunta de Galicia e ao Goberno Central que actúen para evitar este peche abusivo, e que lexislen para defender a industria e os empregos e non os intereses de multinacionais e especuladores.
GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Comentarios
Publicar un comentario